Bluesky é unha plataforma social desenvolta por unha empresa de Silicon Valley que funciona grazas a capital de risco provinte de inversores en criptomonedas e big tech. O seu propósito declarado é impulsar un sistema para redes sociais federadas, pero, a día de hoxe, tal e como o teñen deseñado, é unha rede centralizada: podes montarte o teu propio servidor para aloxar os teus datos, pero o directorio de contas pertence á empresa. É imposíbel comunicarte con outras usuarias de Bluesky sen pasar por alí. Manteñen o control de todo o sistema e non sabemos qué farán no futuro para que sexa lucrativo, máis detalles neste artigo
Por estes motivos, consideramos que Bluesky non é suficiente para quenes queremos construir unha internet realmente ceive. Todo ben se queres empregalo porque che gusta ou porque as túas amigas están por aló, pero non semella que sexa unha boa aposta política colectiva.
En todo caso, hai posibilidade de conexión: se estás en Bluesky, pódenche ler dende Mastodon, e tamén ao revés, grazas a unha ferramenta que crea unha réplica da túa conta automáticamente. Para activala, se estás no Mastodon, basta con seguires a @bsky.brid.gy@bsky.brid.gy; no Bluesky, seguir a @ap.brid.gy. Más info: BridgyFed