Cómo dar os teus primeiros pasos no Mastodon

Decembro 5, 2025

Recursos

Unha vez creada unha conta, é recomendábel comezar por aquí:

  1. Poñerlle foto e encher o perfil antes de seguir ou interactuar con ninguén.
  2. Mirar as opcións de configuración, onde podes tomar algunhas decisións sobre aparencia, privacidade etc. Unha importante, se queres que o Mastodon te axude a chegar a máis xente: en «Perfil» > «Privacidade e alcance», marca se queres que o teu perfil e as túas publicacións aparezan nos resultados de procura ou en algoritmos de descubrimento.
  3. Publicar unha mensaxe para presentar a conta (quen es, intereses ou o que queiras). Podes engadir dous hashtags: #presentación e #xuntas. O primeiro é o que se adoita usar sempre no fediverso, o segundo é o desta campaña. Faranos ilusión saber que chegaches ata aí por isto e saudarémoste con alegría.
  4. Se tes calquera dúbida, pregúntanos: a nosa conta do Mastodon é vamonosjuntas@masto.es vamonosjuntas@masto.es