O fediverso é un conxunto de redes sociais que se comunícan entre si grazas a que todas usan un protocolo chamado ActivityPub, é dicir, unha linguaxe común que permite que dende calquera recuncho do fediverso poidas seguir e interactuar con persoas que elixiron outros recunchos do fediverso. Para entendermos, funciona como o email: se ti tes unha conta de correo en Gmail, podes escribirte cunha amiga que teña a súa conta no servidor da súa universidade, ou co colectivo do teu barrio que usa un servidor autoxestionado. O fediverso parte da mesma lóxica: son redes sociais federadas, ás que podes unirte dende onde queiras, e así afórraste depender de escuras empresas tecnolóxicas.

Mastodon é só una das redes sociais do fediverso. Escollímola porque é a máis usada. Á súa vez, hai miles de servidores do Mastodon. Hai xente que aos servidores lles chama instancias, perdoa pola lea, vén ser o mesmo. Calquera (cun pouco de coñecemento técnico e recursos) pode montar o seu propio servidor, ou mesmo examinar o código e modificalo ao seu gusto, porque é todo software libre. Cada servidor réxese segundo as normas que as súas administradoras escollan. Hainos que funcionan de maneira asemblearia e entre tódalas usuarias deciden como se configura, qué contidos modéranse etc. Se, polo que sexa, alguén monta un servidor para facer cousas maliciosas (como, por exemplo, publicar spam ou contido tóxico), a resposta é sinxela: bloquéase para que non se poida comunicar co teu servidor.
O fediverso está en construcción. Non ten toda a hipervelocidade, a dopamina, os flames e mailo brilli brilli que atopas nas redes sociais comerciais. Nin falla que fai, porque é outra cosa: un espazo para atoparse, dialogares e relacionarse de maneira máis sá e gustosa. Aquí estamos tranquilas e seguras e temos a capacidade de construires xuntas os futuros dixitais que nos merecemos.
Podes preguntarnos dende o fediverso: estamos no Mastodon, en @vamonosjuntas@masto.es.
Se prefires seguir lendo, aquí deixámosche algo de documentación: A guía Preguntas frecuentes publicadas en Laintersección nas que nos baseamos para escribires isto.
O fermoso manual de Chinicuil
Máis contexto neste videoensaio de Escupamos la historia
En inglés, o buscador de trucos FediTips
Tamén en inglés, para seguir a actualidade do desenvolvemento técnico, The Fediverse Report