Escolle onde queres morar no fediverso

Todo está conectado, así que poderás seguir e publicar en todas partes, escollas o que escollas.

Recomendámosche comezar en calquera das seguintes comunidades de Mastodon, que é a porta ao fediverso máis coñecida.

Tódalas comunidades do fediverso están conectadas, así que poderás interactuar con contas de calquera lugar, escollas o que escollas. E non fai falla que lle deas moitas voltas: poderás cambiarte facilmente no futuro se queres. Cada comunidade ten unha sección “Sobre…” na que podes ver quen a administra e cales son as súas regras.

Danlle a benvida a persoas de esquerda e antiautoritarios: activistas climáticos, comunidad LGBTQIA+, ambientalistas, antirracistas, antifascistas, anticapitalistas, interseccionalistas, veganos, activistas de dereitos humanos, etc. Aceptan todas as linguas, as máis faladas son inglés, holandés, alemán e castelán.

Espazo para persoas que queren promocionar a cultura e a lingua galegas. Defínese como antifascista e feminista, apoia ao colectivo LGBTIQ+ e acolle tamén a persoas da Galiza que falan outras linguas.

O servidor máis xeneralista e con máis participantes, xestionado pola organización sen ánimo de lucro que desenvolve o Mastodon. Isto significa que é moi estábel e fiábel, mais ten unha eiva: ríxese polas leis da Alemaña, así que non o recomendamos para organizacións de apoio á Palestina, que poden sufrir censura.