Probabelmente máis coñecidas son PeerTube, para compartires vídeos, e Pixelfed. Os blogues de WordPress poden ser parte do fediverso se lle engades o plugin necesario.
Cada servidor ten as súas propias regras: xestiónao unha persoa ou colectivo que é quen decide cómo se mantén, cómo se financia e qué criterios de moderación se aplican. En tódolos servidores hai un «Acerca de» que podes ler para decidires cal te conven.
Cando empregues o Mastodon, verás que, ademáis de ler o que publiquen as contas ás que segues, tes unha canle de contidos de mensaxes chamado «local» onde ves todo o que se estea publicando no teu servidor. Se te apuntas a un servidor centrado nun tema que che interese, ou que estea localizado na túa cidade, por exemplo, a canle de contidos local será valioso; se estás nun servidor xeneralista, probabelmente a túa canle de contidos local estará chea de cousas diversas que non sempre te interesan e non o mirarás nunca, quedarás só nas contas ás que segues. É dicir: os servidores son unha forma de crear comunidade, pero non é a única.
De calquera maneira, sempre poderás cambiar de servidor. Cando levas a tua conta a outro servidor, é doado e rápido trasladar os teus contactos (seguidas e seguidoras), pero non o teu arquivo de mensaxes, que se quedaran publicados no servidor antiguo se queres.
Como en tódalas comunidades, o fediverso ten os seus códigos e as súas costumes, pero acouga, porque sobre todo a xente é bastante amábel e irás aprendendo pouco a pouco… Non obstante, estas tres parécennos especialmente interesantes:
O fediverso é un ecosistema vivo, con multitude de proxectos para mellorar a tua experiencia. Aquí van algunhas recomendacións:
OpenVibe para móbil, en Android
Se tamén estás en Bluesky, esta app que che permite consultar as túas contas de Bluesky e Mastodon á vez
Se botas de menos algo como Tweetdeck
Se queres programar publicacións
Como o Mastodon non ten un panel de estatísticas, para facer seguemento da evolución da túa conta
Se o que estás a buscares son as estatísticas totais do fediverso (canta xente úsao, cantas instancias hai, etc)
Se tes un blog con WordPress e queres que forme parte do fediverso, podes instalar este plugin
O Mastodon está desenrolado por unha empresa sen ánimo de lucro con sede en Alemaña, que se financia grazas a doazóns e subvencións. Hai algúns servidores e proxectos de investigación financiados con orzamento público. O resto do fediverso funciona dentro dunha economía colaborativa e ás veces precaria: con donativos, entidades sociais e traballo voluntario. Se ti ou a túa organización podedes contribuir con tempo ou diñeiro, será moi benvido.